<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: NA SENDA DA SERPE ALADA]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/na-senda-da-serpe-alada]]></link>
<description><![CDATA[Chrystyan, despois de estar "atrapado na torre" e saír vitorioso, continúa coa normalidade das ocupacións cotiás, pero sen esquecer as ensinanzas que lle transmite Bosco, o vello mago. O nó das aventuras desta nova entrega preséntase nun castro e na reserva vexetal que o rodea, onde Chrystyan e dous amigos son atacados e acaban por se extraviar en cadanseu labirinto. Nestes máxicos lugares, contarán coa axuda dos mouros e das mouras que habitan a parte invisible do castro. A obra, aínda que autónoma en canto á lectura, remite indirectamente a elementos de "Chrystyan Magic-Atrapado na torre" (plano espacial, elementos, personaxes...). Os elementos máxicos ou fabulados están equilibrados con aqueloutros que representan aspectos sociais, históricos ou etnográficos (a convivencia, o traballo, os castros, espazos protexidos, crenzas tradicionais arredor dos castros...).]]></description>
<lastBuildDate>Wed, 02 Sep 2026 14:59:15 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
