<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/peter-pan-nos-xardins-de-kensington]]></link>
<description><![CDATA[
J. M. Barrie escribiu tres versións da historia de Peter Pan que corresponden a dous momentos diferentes da vida deste personaxe xa mítico. A que se conta neste libro é a primeira das versións, na que se fala dun Peter Pan de tan só sete días de idade que escapou a vivir cos paxaros e as fadas dos xardíns de Kensington; aparece xa aquí o neno que foxe da súa familia, deixa de medrar e se converte nun “entremedias”, quere dicir, nun ser que nin é home nin paxaro. A xeografía deste libro tamén é, en certo xeito, medio real e medio fantástica: os londinenses xardíns de Kensington descóbrense nel como algo máis ca un parque ó que van as aias cos nenos... neles viven as fadas que nacen das primeiras risas dos cativos e morren cando estes deixan de crer nelas. É este, pois, o primeiro Peter Pan, ese no que aínda se albisca o xerme do antiadulto, ese que aínda cuestiona os principios da realidade e da verdade establecida, o que rexeita a madureza e as súas consecuencias. O Peter Pan dos xardíns de Kensington non é o Peter Pan cinematográfico, nin o de Walt Disney nin o de Steven Spilberg, senón aqueloutro que pon ó lector fronte ó mundo auténtico da infancia.
Temas:
A fantasía fronte á realidade; o mundo dos nenos fronte ó dos adultos; a perda da infancia.
Xénero:
Fantasía.
Nivel:
Dos 8 ós 12 anos. Segundo e Terceiro Ciclo da Ed. Primaria.
]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 19:08:09 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>