<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: AS CHAMADAS PERDIDAS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/as-chamadas-perdidas]]></link>
<description><![CDATA[A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante. Como cando as paredes oen aos amantes, Así, máis, máis, máis, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante. Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do máxico. Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 08:23:06 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
