<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: TOXOS E FLORES]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/toxos-e-flores]]></link>
<description><![CDATA[<span><a id=indice name=indice>Toxos e flores é un libro abertamente romántico e enxebre. ¿Pódese falar de romanticismo ás portas do século XXI? Na prosa de Manuel Rivas hai rebeldía e hai humor, hai heterodoxia e espírito anovador ao tempo que un fondo amor polas boas herdanzas. E hai, sobre todo, un espeso tapiz refulxente: a Sagrada Terra, ATerra Nai, O Antigo Reino de Galicia. A fermosa nación da espiña e da chorima, da cruz e do grial, dos toxos e das flores.</font></a></span> <p><font size=2>Nesta segunda edición revisada, Manuel Rivas inclúe catro novos traballos: os que tratan de Reimundo Patiño, Ramón Sampedro, Lois Pereiro e a Xeración Doente. Teñen en común que habitaban na escaleira de incendios do hotel Vida, que encarnan a creación como unha aposta existencial sen apaños e insubornable.</font></p><p><font size=2>Complétase a edición co texto de O pregón de Monte Alto, que Manuel Rivas recitou e cantou na compaña de Os Diplomáticos de Monte Alto na noite do 4 de setembro de 1998; documento sonoro recollido no CD adxunto.</font></p>]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 08:23:10 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
