<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A MAN DOS PAIÑOS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-man-dos-painos]]></link>
<description><![CDATA[último Rivas supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción («A man dos paíños»), un relato fotográfico («O álbum furtivo»), e un relato xornalístico («Os náufragos»). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.<br> Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos paíños.<br> Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción («A man dos paíños»), un relato fotográfico («O álbum furtivo»), e un relato xornalístico («Os náufragos»). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.<br>Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. Colaborador en diversos medios de prensa, radio e televisión, recolleu a súa obra poética na antoloxía O pobo da noite (Xerais, 1996). Como narrador publicou: Un millón de vacas (Xerais, 1989), Os comedores de patacas (Xerais, 1991), En salvaxe compaña (Xerais, 1993), ¿Qué me queres amor? (1996, Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa), Ela, maldita alma (1999). A súa última novela, O lapis do carpinteiro, editada por Xerais en 1998 obtivo a acollida entusiasta do público con máis de 50.000 exemplares vendidos en lingua galega, o recoñecemento unánime da crítica (Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente), sendo xa traducida, polas editoriais máis prestixiosas, a catorce linguas. Manuel Rivas recolleu a súa obra xornalística en lingua galega nos volumes T]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 09:35:29 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
