<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: NAS CATACUMBAS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/nas-catacumbas]]></link>
<description><![CDATA[A nova entrega da triloxía &#171;Evanxélica memoria&#187;, proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galicia, céntrase no período que vai do final da guerra civil ao remate dos anos corenta. Nas catacumbas enfronta o lector ou lectora coa realidade dunha posguerra cruel, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e aferrollada polo medo.<br />Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino desde o punto de vista dunha das minorías relixiosas fiáis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, novela coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos.<br />A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible. Nas catacumbasconfigúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea e que nesta obra adquire unha presenza contundente. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 12:28:46 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
