<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/asasinato-no-orient-express]]></link>
<description><![CDATA[Hercule Poirot resolverá o crime do mítico tren neste clásico da novela negra.
Coincidindo co 25 cabodano da escritora inglesa Agatha Christie, tan apreciada entre xente de moitos países e de todas as idades e falecida o 12 de xaneiro de 1976, Editorial Galaxia abre unha colección nova, a Biblioteca Agatha Christie, coa publicación do primeiro dos seis títulos previstos. Trátase do libro Asasinato no Orient Express, do que tamén se fixera, hai anos, un filme de moito éxito.
O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes dedutivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ao seu gran coñecemento da psicoloxía humana —e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros— consegue non deixarse enganar e solucionar o caso.
É a primeira vez que este clásico do xénero, escrito en 1934 e agora traducido por Alberto Álvarez Lugrís, aparece en lingua galega.
]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 16:10:49 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>