<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: DEUS SENTADO NUN SILLON AZUL]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/deus-sentado-nun-sillon-azul]]></link>
<description><![CDATA[Unha novela fundamental na obra de <strong>Carlos Casares</strong>, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán. <br />Casares comeza <em>Deus sentado nun sillón azul</em> describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz. <br />Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida <br />]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 09:00:09 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
