<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O PROCESO]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-proceso]]></link>
<description><![CDATA[A obra, traducida do alemán por Luís Fernández Rodríguez, conta ó remate cunha nota sobre o autor e a obra e outra sobre a traducción. Nesta última, o traductor dinos que «Kafka sempre loitou cos seus editores para que respectasen o tamaño dos grandes bloques da súa prosa, dividida en parágrafos que se estenden ó longo de páxinas. Para lograr isto, cómpre respectar tamén o xeito en que se marcan en alemán os diálogos; é dicir, mediante comiñas e non con guións». <br />Josef K., o protagonista de O proceso, é detido, pero ninguén lle di de qué o acusan; tamén se lle comunica que, polo demais, pode seguir levando a mesma vida de sempre. Posteriormente, o tribunal ante o que deberá presentarse reúnese no faiado dun barrio obreiro e os códigos nos que consulta as leis resultan ser libros pornográficos. A narración guíase por unha lóxica onírica na que todo —detención, acusación, tribunais, avogados, condena— aparece desenfocado e convertido nun enigma. Faltan as causas, as explicacións, o sentido global. <br />O existencialismo dos anos corenta converteu a Kafka no profeta do antitotalitarismo, e as interpretacións posteriores —hermenéuticas, teolóxicas, psicanalíticas, sociolóxicas— acabaron sepultando as súas obras baixo unha montaña de espesa erudición. Cómpre, xa que logo, que leamos con ollos novos novelas como O proceso para gozar do variado conxunto dos seus episodios —entre os que se inclúen, xunto a lances de seducción e escenas dunha comicidade propia do cine mudo, momentos dunha arrepiante violencia— e, así, deixar de lado a simplificadora imaxe en branco e negro do que se adoita denominar co adxectivo «kafkiano». <br />]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 07:42:02 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
