<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: CEMITERIO DE ELEFANTES (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-BOOK)]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/cemiterio-de-elefantes-%28edicion-literaria---narrativa-e-book%29]]></link>
<description><![CDATA[En Cemiterio de elefantes o protagonista é a noite, a noite como sinónimo de maxia, de complicidade, de vida, de esperanza, de encanto, pero tamén de erosión, de soidade, de clandestinidade, de anonimato, de silencio e de frustración. Cunha estrutura singular e ubicado no espazo xeográfico de Vigo, este libro cóntanos ¿con frescura, humanidade e ironía¿ historias nocturnas e urbanas cargadas de melancolía e humor que nunca nos deixan indiferentes. As páxinas de Cemiterio de elefantes percorren con acidez a paisaxe nocturna, a través de certa estética radiofónica. Na súa escrita húmida refúxianse noctámbulos, camareiras, travestis, estudantes, taxistas, varredores, persoas solitarias, insomnes, xornalistas... que gozan ou sofren o efecto devastador da noite descubrindo as entrañas da cidade. Espazos literarios e personaxes de Fran Alonso como Almas perdidas, Corazóns Solitarios e a Señora Lola naceron neste libro, cuxa trama comeza ás 12.00 AM, cando a noite cae sobre Vigo, e remata ás 8.00 AM, co amencer dun novo día.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 09:29:59 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
