<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: BROOKLYN FOLLIES]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/brooklyn-follies0]]></link>
<description><![CDATA[Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.<br>Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.<br>Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 17:59:28 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
