<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: MISS OURENSE (3ª ED.)]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/miss-ourense-%283-ed.%29]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo. <br /><br /><em>Miss Ourense</em> reúne catro relatos de corte detectivesco, todos eles desenvolvidos no Ourense dos últimos anos sesenta e protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Luanda, A cruz de prata, O que enganan as iguanas e mais o relato que dá título a este volume son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas. O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo. <br />]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 18:12:18 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
