<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: BIG-BANG]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/big-bang]]></link>
<description><![CDATA[A novela que agora presenta Xerais na súa colección de narrativa xuvenil Fóra de Xogo, Big-Bang foi merecedora do Premio de narrativa convocado polo concello de Vilalba no ano 1993. En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres, ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais e ecolóxicos que case conseguen a amputación traumática da vida no planeta. os protagonistas convértense, así, en testemuñas duns feitos que contestan a boa parte dos interrogantes científicos que se viñeran forulando ó longo do relato. Big-Bang é unha novela clásica de ciencia-ficción, xénero aínda pouco explorado pola narrativa galega actual, onde se mesturan moi acertadamente o desenvolvemento dunha aventura interplanetaria e as relacións interpersoais dun reducido grupo humano sometido a unha situación límite de supervivencia, coa reflexión sobre interrogantes científicos claves no momento actual, como a orixe do universo e de tódolos seres vivos. Unha novela que, afastándose de didactismos ó uso, constitúe, á vez, unha lectura trepidante e formativa. Moi recomendable.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 19:23:34 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
