<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: OBRA DRAMATICA]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/obra-dramatica]]></link>
<description><![CDATA[A obra de Ramón Cabanillas (1876-1959) ocupa, sen dúbida, un lugar sobranceiro dentro da historia da dramaturxia galega. Poeta de prestixio incuestionable no seu tempo e figura indiscutida dentro do panorama das nosas letras, a traxectoria teatral do autor cambadés desenvólvese no marco das iniciativas a prol da normalización cultural promovidas desde as Irmandades da Fala. Os resultados dese labor móstranse, xa que logo, a través de obras como A man de Santiña -estreada en 1919 e publicada en 1921- ou O Mariscal -publicada en 1926-: pezas que nacen, polo tanto, nun momento de efervescencia nacionalista e tamén como producto do convencemento de que o teatro podía e debía constituír un instrumento galeguizador fundamental. Desta maneira, a obra dramática do autor cambadés inaugura unha auténtica nova xeira na nosa producción teatral: a dramática nacional, rompendo progresivamente, ademais, coa estética do realismo costumista ruralizante do teatro rexionalista anterior a el.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 04 Sep 2026 04:53:36 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
