<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A XEIRA DAS ARBORES (PREMIO LOUREIRO REY 2004)]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-xeira-das-arbores-%28premio-loureiro-rey-2004%29]]></link>
<description><![CDATA[En A xeira das árbores atopámonos cunha narradora-protagonista, solteira e nai de tres fillos, cada un dun pai diferente, que levanta acta, con grandes doses de humor e sen dramatismos, das dificultades que supoñen para unha muller nas súas circunstancias, sen apenas axudas de fóra, levar unha vida profesional e criar os seus fillos. Trátase dunha nai entregada, que non lles escatima un minuto de tempo aos seus fillos, pero que tamén ten que traballar duro para sacar a súa familia adiante, o cal a obriga a prolongar a súa xornada de traballo ata altas horas da madrugada. Pero é unha muller feliz e contenta coa vida que leva. <br />Como curiosidade, traballa como tradutora para unha editorial, ocupación que realiza no momento actual desde a casa, polo que se entrecruzan no relato as consideracións de tipo lingüístico que lle suxire a tradución na que está traballando. <br />Ao longo das distintas partes nas que se estrutura a novela, entrecrúzase a historia da súa familia (marcada por unha problemática relación cun pai maltratador), a súa infancia, e tamén as relacións que mantivo cos homes que acabarían sendo os distintos pais dos seus fillos. <br />En certo sentido, pódese dicir que se trata dunha novela cun importante compoñente reivindicativo dos dereitos das mulleres a levar a vida que elas queiran, á marxe dos prexuízos sociais e das valoracións, censuras e presións do mundo exterior. <br />O xurado do Premio Manuel Lueiro Rey destacou a orixinalidade da novela e a frescura do seu estilo. <br /><br /><br />]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 22 Nov 2026 15:38:14 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
