<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O POBO DA NOITE (INCLUYE  CD-ROM)]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-pobo-da-noite-%28incluye--cd-rom%29]]></link>
<description><![CDATA[Rivas, �cunha importante obra narrativa, recoñecida e aclamada por público e crítica (Un millón de vacas, Premio da Crítica Española, 1990; En salvaxe compaña, Premio da Crítica, 1994; e ¿Que me queres amor?, libro de relatos que foi Premio Torrente Ballester, 1995 e Premio Nacional de Narrativa)� nunca deixou o carreiro de vagalumes da poesía. Seguiron: Anisia e outras sombras (1981), en colaboración con Xabier Seoane; Baladas nas praias do Oeste (1985); Mohicania (1987); Ningún cisne (1989), Premio Leliadoura: e Costa da Morte Blues. Estas obras, nalgúns casos recreadas en anos de recitais públicos por tabernas e escolas, nutren O pobo da noite, a antoloxía poética, acompañada dun disco compacto, onde Rivas recita trece poemas acompañado da música orixinal de guitarra de César C. Morán. Rivas confesa que a imaxe do pobo da noite está tomada dunha das Oracións Fúnebres de André Malraux, como homenaxe a todas aquelas persoas que manteñen o espírito, o corazón vivo, fronte a amnesia e o conformismo. Para Rivas �O pobo da noite é esa irmandade secreta que é o pobo que aínda le poesía�. A grande novidade do producto que presenta Xerais é a introducción, por vez primeira no ámbito editorial galego, dun disco compacto acompañando un libro. Rivas pretende con este novo soporte �chegar á xente e recuperar a dimensión oral da poesía�. O pobo da noite está prologado polo crítico Xesús González.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 09:11:06 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
