<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: A AVENTURA DAS CORES]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/a-aventura-das-cores]]></link>
<description><![CDATA[Sara decidiu que limparía o sofá. Como muller precavida que era leu con atención as instruccións do bote de "Escumiña", o producto ideal para limpar en seco todo tipo de alfombras, tapicerías e moquetas. Seguiu as instruccións con xusteza: quitou o po, axitou o envase antes de usalo, pulverizou co bote de "Escumiña" a unha distancia duns 30 cms, estendeu, deixou secar... e sucedeu que tódalas cores do sofá desapareceron. ¡O sofá estampado estaba completamente branco! As cores decidiron abandonar a casa ó pechar a noite para que ninguén as vise mentres se afastaban. A cor Verde sentiuse culpable por ocupar a orella do pobre de Carlos. A cor Negra caíu nunha rosa e causa sensación. A cor azul vive cunha amiga... Fermoso libro cheo de fantasía, adiviñas para descubrir e recitados para memorizar.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 11:19:29 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
