<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: AS CIDADES INVISIBLES]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/as-cidades-invisibles]]></link>
<description><![CDATA[Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. Ó xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia, e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.<br />En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, &#65533;a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo ling&#252;ístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe&#65533;. Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abre a nova liña de traduccións que Xerais ofrecerá na súa colección &#65533;Narrativa&#65533;.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 13:28:37 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
