<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: DERRADEIRA CARTA OS REIS MAGOS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/derradeira-carta-os-reis-magos]]></link>
<description><![CDATA[Paulo, un neno de oito anos, vive nunha bufarda da rúa peonil máis céntrica da cidade. A súa nai traballa de caixeira nuns grandes almacéns e o seu pai foi despedido da fábrica de mobles onde traballaba como vernizador. Paulo percorre a súa rúa procurando os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. Con todo, o seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric precioso, que Paulo desexa como o seu agasallo preferido. Paulo converté-rase naqueles días de Nadal no neno máis bo do Universo, pero algo aconteceu na mañá do día de Reis cando prendeu a luz, sentou na cama e&#8230; daquela baleirou toda a súa rabia na carta máis longa que nunca fixera na súa vida.<br />Derradeira carta ós Reis Magos de Fina Casalderrey é un conto de nadal escrito ao estilo clásico, tan sinxelo e breve como intenso e conmovedor. O libro foi ilustrado fermosamente pola artista cubana Hoa-binh Melgar.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 05:10:41 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
