<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/can-de-cristal]]></link>
<description><![CDATA[
Un mago que quere que o deixen tranquilo, encárgalle a un soprador de vidro, un can de cristal que manteña afastados os veciños. A cambio da súa obra, ofrécelle unha pinga de «curatodo» que sanda calquera doenza. Como o humilde soprador, aínda que pobre e feo, é un home de ideas, decide gardar a pinga, coa esperanza de cambiar de vida. Pero, atraído polo engado do luxo e da beleza, este personaxe non parará ata que destrúa o seu talento, e desperdicie a súa forza, vencido por la cobiza.
Frank Baum (1856-1919) chegou á literatura na madurez, despois de exercer as actividades máis diversas: actor, comerciante, vendedor de louza, xornalista… Aínda que o seu libro máis coñecido é O Mago de Oz, na súa opinión, simplemente se trata doutro conto máis dos moitos publicados. Escritor destro, e dotado dun gran sentido do humor e sensibilidade, buscou na literatura infantil un espazo para transmitir a súa serena sabedoría.
Nesta ocasión e grazas ao manexo hábil da fantasía, o autor logra una narración veraz na que compón un interesante retrato dunha sociedade cargada de prexuízos e convencionalismos. Pola súa parte, os sabios comentarios que introduce no texto actúan como contrapuntos cómicos.
Un relato con base na propia vida, que provoca preguntas e trata de evidenciar, dun modo sutil, a inutilidade do culto á riqueza. Un conto divertido, escrito cunha linguaxe sinxela e directa, personaxes ben debuxados e un fío argumental tenso que atrapa o lector, como a mirada do enigmático can de cristal. A edición de OQO Editora desta obra é a primeira que se realiza para o mercado galego, desde que o autor norteamericano a publicara por primeira vez nos Estados Unidos en 1901, dentro da obra American fairy tales.
Nas ilustracións, Pedro Millán aposta por unha estética que xoga coa imperfección e o inacabado, e mais coas imaxes suxestivas para conseguir frescura. Os personaxes do conto móvense como nos debuxos animados, ou como no billar, onde o bater dunha bólas con outras xera máis movemento. Por último, as texturas e as calidades da colaxe, a contrastaren cos espazos clásicos, contribúen a crear unha escenografía profundamente teatral.
Texto de L. Frank Baum, en versión galega de Paco Liván
]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 01 Oct 2026 20:33:29 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>
</channel>
</rss>