<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: UNHA ESPIA NO REINO DE GALICIA]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/unha-espia-no-reino-de-galicia]]></link>
<description><![CDATA[Tras Galicia. Galicia, Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: "Galicia contada a un extraterrestre", amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; "A espía (Iª volta)" e "A espía (IIª volta)", informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e "O blog de rumbar", anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o "estado de excepción mental", o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.&#65279;]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 10:07:44 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
