<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: OS OLLOS DA PONTE: VIDAS DE INFANCIA II]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/os-ollos-da-ponte%3A-vidas-de-infancia-ii]]></link>
<description><![CDATA[Con “<em>Os ollos da ponte</em>”, segunda entrega da futura triloxía “<em>Vidas de infancia</em>”, <strong>Ramiro Fonte</strong> volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume, “Os meus ollos” (Xerais 2003), nesta reflexión sobre a recuperación da infancia, a vida familiar cede o protagonismo ao ámbito da escola pública, que vincula todos os episodios da existencia do rapaz. Escrita con elegancia a pesar do sensible da materia, na que están implicadas as vidas de persoas reais, a novela é un modelo de exactas e virtuosas descricións, formuladas por medio dun humorismo benévolo e unha emoción serena. Así mesmo, “Os ollos da ponte” constitúe un ensaio sobre a temporalidade dos seres e da novela como arte temporal, na que as diversas técnicas narrativas se poñen ao servizo dunha obra que constantemente vai creando a súa propia arquitectura e reinventándose a si mesma. Un relato no que Ramiro Fonte explora os límites entre a ficción e a verdade da escritura literaria mediante a descrición dunha estensa galería de tipos humanos, proxectando un século enteiro de vida dun prototipo de vila galega. Pola súa riqueza en nostalxias que a todos nos vinculan e polo seu alto ton narrativo, que afouta as nosas capacidades sensoriais, aparenta un confeite mesmo nas mans do lector desavezado e confirma a busca por parte do autor dun gran estilo para a prosa galega baseado na humildade, na sinxeleza e no diáfano.]]></description>
<lastBuildDate>Fri, 04 Sep 2026 04:53:41 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
