<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: DICIONARIO VISUAL]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/dicionario-visual]]></link>
<description><![CDATA[Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e a grande formato, preséntase situacións arredor da familia, a casa e o xardín, o salón, o dormitorio, o baño, a cociña, o supermercado, a festa de aniversario, a aula, a visita ao médico, o parque, a granxa, a praia, o zoo, a cidade, o corpo humano, os oficios, os contrarios, as cores, as formas, o alfabeto, os números, as horas e os instrumentos musicais. Cada unha das láminas, reproduce nas dúas marxes debuxos dos obxectos máis representativos que aparecen acompañados de cadanseu nome.<br />O presente Dicionario visual, editado por Xerais e debuxado por Josep Vicó, mediante a relación entre as imaxes e a súa representación gráfica, posibíltalles aos máis pequenos a aprendizaxe do vocabulario básico. Grazas ao binomio imaxe-palabra, a fixación dos conceptos na mente dos nenos que se atopan nas primeiras fases da aprendizaxe da lectura faise máis doada e pracenteira.<br />A riqueza das situacións que se representan nas escenas &#8211;protagonizadas polos membros da familia&#8211; fai que o Dicionario visual sexa especialmente recomendable para a estimulación da expresión oral dos cativos, xa que dá pé a conversar sobre as accións, o vocabulario, as calidades, etc. O traballo das láminas está pensado para que haxa unha interacción enre as persoas adultas e os nenos e nenas. Entre outras posibilidades didácticas, pódese xogar a atopar os elementos das marxes no contexto da lámina. Hai uns poucos casos nos cales o obxecto, se ben pertence ao campo léxico que se traballa, non aparece na escena. As devanditas palabras levan un asterisco para advertilo. Ademais, a todo isto engádese o incentivo de descubrir un personaxe agochado en todas as láminas a grandes. Con esta vertente lúdica preténdese contribuír a desenvolver a agudeza visual dos pequenos.<br />]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 04:52:33 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
