<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: ANCHO MAR DE ARGAZO]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/ancho-mar-de-argazo]]></link>
<description><![CDATA[En 1966 a escritora dominicana <strong>Jean Rhys</strong> publica en Gran Bretaña<em> “Ancho mar de argazo</em>” considerada a súa mellor novela. A partir de entón, a súa obra literaria comeza a ser moi considerada pola crítica. As personaxes de Rhys abanean na confrontación entre unha intimidade desconcertada e o asoballamento do mundo, que mesmo pode conducir á tolemia. En “Ancho mar de argazo”, unha novela de amplísimas resonancias, a autora rescata a súa protagonista da obra de Charlotte Brönte. Jean Rhys crea un deslumbrante mundo ficcional e logra presentarnos unha das máis abraiantes e desgarradas personaxes femininas de todo o século, caracterizada desde a oposición de identidades (homes contra mulleres, negros contra brancos, Europa contra América, novos contra vellos, ricos contra pobres, etc.). Sen dúbida, unha novela excepcional. “Ancho mar de argazo” conta a historia de Antoinette, desde que era unha nena na Xamaica de principios do século XIX ata os días derradeiros da Inglaterra vitoriana onde vive internada, aqueixada dunha incurable enfermidade mental.]]></description>
<lastBuildDate>Sat, 12 Sep 2026 13:49:48 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
