<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: BARROTES DOURADOS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/barrotes-dourados]]></link>
<description><![CDATA[A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xente abre a Alexandre as portas a un mundo novo, mais tamén fai que se adentre nunha rede esotérica onde a súa propia vida pode estar en perigo. Do mesmo xeito que O inferno de Marta, esta novela de <strong>Pasqual Alapont</strong> compleméntase cun interesante texto divulgativo. O xornalista Pepe Rodríguez, especialista no mundo das seitas, amósanos no epílogo (“<em>Seitas: Un camiño fácil a ningunha parte</em>”) os mecanismos internos que se agachan detrás dunha seita destrutiva. Unha obra que combina con acerto unha novela conmovedora e un estudo útil sobre este problema que pode afectar a algúns mozos e mozas.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 13:25:14 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
