<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: OS GROUCHOS]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/os-grouchos]]></link>
<description><![CDATA[<p align="justify">Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das “faíscas da esperanza” das que falou Walter Benjamín. Manuel O&acute;Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do “home rebelde” de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos “meniñeiros”, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: “Quen lle teña medo ao mar que non embarque!” <br />]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 10:06:57 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
