<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: LOIS PEREIRO. BREVE ENCONTRO]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/lois-pereiro.-breve-encontro]]></link>
<description><![CDATA[Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica &#147;non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo&#148;.]]></description>
<lastBuildDate>Sun, 13 Sep 2026 02:52:30 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
