<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<rss version="2.0">
<channel>
<title><![CDATA[Comentarios al libro: O MAIS ESTRAÑO]]></title>
<link><![CDATA[https://biblioeteca.com/biblioeteca.web/titulo/o-mais-estrano]]></link>
<description><![CDATA[Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. Así, emerxe un mundo que parecería estar á espreita da súa invención. En O máis estraño aparecen relatos xa célebres como «A barra de pan» ou «A lingua das bolboretas», contos extraordinarios por descubrir como «A chegada de Ingrid», e inéditos sorprendentes como «A sombra do soño». Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.]]></description>
<lastBuildDate>Thu, 03 Sep 2026 15:28:17 +0000</lastBuildDate>
<language>es</language>
<copyright>Copyright 202 6BiblioEteca Technologies SL</copyright>

</channel>
</rss>
